Un bo día para pasear, Scott!
![](Images/espacio.gif)
![](Images/espacio.gif)
|
00475
978-84-15400-95-0
Un bo día para pasear, Scott!
150x200mm
12,00 €
Neve. Escuridade. Moitos graos por debaixo de cero. Unhas condicións que poden darse no Polo Sur. Ou á volta da esquina, nunha vila de León. Os protagonistas deste relato non terán nada que envexar aos exploradores míticos como Scott ou Shackleton, no tocante a enfrontarse a circunstancias adversas. Dani, o narrador, contaranos, a través das páxinas do seu diario, a historia deses días pasados en Villablino, pero tamén vai contar, con moita retranca e unha chea de referencias á cultura pop, todo o que se lle pasa pola cabeza, dende as súas dúbidas sobre o xeito de reproducirse dos pingüíns ata a morriña polos anos oitenta. Esta historia é a demostración de que o espíritu da aventura latexa dentro de todos nós... aínda que a aventura non se albisque por ningures. |
|
![]() |