O COITELO DE PEDRA FUNDIDA
O COITELO DE PEDRA FUNDIDA
Autor: Vidal, Francisco Antonio
109 PÁX. 130X200
13,00 €
Precios con I.V.A. incluido.
|
Código: 00508 ISBN: 978-84-944232-8-4 Nombre del producto: O COITELO DE PEDRA FUNDIDA Autor: Vidal, Francisco Antonio Idioma: Gallego Descripción: 109 PÁX. 130X200 Precio (PVP) €: 13,00 € iva incl. Ficha: A terra abriuse como peito descarnado para acoller a aquel que, o día antes, decidira pasar toda a noite de vixía previndo á súa xente da descoñecida fera, monstro ou pantasma que tiña ameazada á aldea, dun ser contra quen non puido o rastrexo exhaustivo de todos os homes da veciñanza, nin as preparias e sacrificios outorfados ós deuses no altar da Peniña Branca. Ábrese a terra para acoller no seu sero ó ousado rapaz, ó valente guerreiro, ó astuto cazador que decidira velar, agochado no xuncal da lagoa, para desenmascarar ó montro ladrón que nunca deixaba máis rastro cá falta de carne, de froitos e aparellos que logo metía pola porta esmoleira da cabana dos sacerdotes. ¿Era aquela unha oblata do ladrón ou unha acusación contra a falta de fe dos paisanos da que os intercesores da divindade tanto se queixan?. ¿Quén era?. ¿Cal era a caste dese montro?. |
|