Catastro da Ensenada. Boiro e as súas freguesías 1753.
Catastro da Ensenada. Boiro e as súas freguesías 1753.
Autor: Agrelo Hermo, Xosé
--
18,00 €
Precios con I.V.A. incluido.
|
Código: 00101 ISBN: 978-84-96673-23-6 Nombre del producto: Catastro da Ensenada. Boiro e as súas freguesías 1753. Autor: Agrelo Hermo, Xosé Idioma: Gallego Descripción: -- Precio (PVP) €: 18,00 € iva incl. Ficha: 360 páx.(150x210 mm) Este traballo é unha trascrición e tradución ao galego dunha pequena parte do Catastro de Marqués de la Ensenada, realizado en 1752 na Vila de Boiro e as súas freguesías, San Cristovo de Abanqueiro, San Xoán de Macenda, San André de Cures, San Vicente de Cespón e San Pedro de Bealo. Realmente este “Catastro” era unha investigación estatística e fiscal levada a cabo nas vinte e dúas provincias da Coroa de Castela, de 1750 a 1756, para rexistrar e avaliar todos os bens, rendas e beneficios dos seus moradores, recibidos con regularidade, para sustituír o complexo sistema fiscal que existía daquela por unha única contribución, reforzando ao mesmo tempo o control e o poder do Estado centralista. Esta complexísima operación que afectou a máis de 15.000 localidades en 80.000 volumes, ao remate non se aplicou pola enorme dificultade que supuña desmontar todo o aparato de centos de arbitrios e trabucos distintos, e sobre todo pola oposición do poder caciquil e eclesiástico. |
|