Apocolocyntosis. A conversión do emperador Claudio en cabazo
|
: 00424 : 978-84-92792-91-7 : Apocolocyntosis. A conversión do emperador Claudio en cabazo : : : Edición bilingüe latín-galego de Anahí Sotelo Navós : 10,00 € : 13x21 72 páxinas A
mesma escolla do texto da Apocolocyntosis
demostra unha aposta polo menos usual dentro do canon literario da Antigüidade.
Anahí Sotelo fai falar por primeira vez en galego a un Séneca, máis coñecido
como autor filosófico ou tráxico. Esta sátira sobre o poder, coa súa mestura de
prosa e verso, sorprende ao lector e desarma as
expectativas que adoita ter aquel que se achega aos textos dos chamados
clásicos. E se optar por este texto é un
pleno acerto, facelo do xeito no que nolo presenta a tradutora leva a que aínda
nos felicitemos máis. Os textos da literatura latina están a entrar no espazo
literario galego con toda a súa riqueza, toda a súa complexidade, e un claro
desexo de non furtar ao público a complexidade que os fai sobrevivir ao tempo. Helena de Carlos |
|