Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo Premios Pedrón deOuro
Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo Premios Pedrón deOuro
Autor: VV. AA.
Edición de Xosé Ramón Fandiño e David G. Couso
14,00 €
Precios con I.V.A. incluido.
|
Código: 00458 ISBN: 978-84-15400-55-4 Nombre del producto: Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo Premios Pedrón deOuro Autor: VV. AA. Idioma: Gallego Descripción: Edición de Xosé Ramón Fandiño e David G. Couso Precio (PVP) €: 14,00 € iva incl. Ficha: 245pp. 13x21 Con este tomo que o lector ten nas súas mans publícanse as narracións premiadas en 2010 e 2011, que son os que foron subvencionados polos concellos de Vilagarcía e Rianxo respectivamente e no que resultaron galardoados Alfredo Naz Fernández, Clara do Roxo, Amancio Liñares, Ledicia Costas e Xaime Domínguez Toxo. Pero editorialmente falando, este volume ten un carácter especial porque por primeira vez na historia do Figueiredo os seus relatos non son publicados en Ediciós do Castro por deferencia do seu director, Isaac Díaz Pardo, moi relacionado coa nosa Fundación, pois foi distinguido co Pedrón de Ouro en 1976 e nomeado Presidente de Honra en 2006 como resposta inmediata ao agravio perpetrado contra el ao ser destituído da presidencia das empresas por el creadas, que constituían un inmenso paraíso de arte, industria e comunicación co que agasallou ao pobo galego. Co pasamento de Isaac Díaz Pardo remata un capítulo importantísimo da historia da Fundación do Pedrón de Ouro e do seu premio literario e abrimos con renovada esperanza unha nova etapa que nos pon en relación coa editorial Toxosoutos, a quen manifestamos a nosa gratitude, personificada no seu director xeral, Manuel González Millares, e no seu director de publicacións, David G. Couso.
|
|