A nobreza medieval na lírica galego-portuguesa
|
: 00452 : 978-84-15400-34-9 : A nobreza medieval na lírica galego-portuguesa : : : XI Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal (2011) : 16,00 € : A lectura e a interpretación do pasado literario
galego-portugués amosa dende perspectivas complementarias a apoloxía do réxime
cristián-feudal tanto na súa vertente relixiosa como laica. Os elementos
perturbadores da orde “ideal” da sociedade feudal peninsular e aqueles
outros que rompían cos preceptos do Cristianismo van ser reconducidos sexa a
través da sátira ou do exemplum (en función do xénero literario tratado)
á norma que debía guiar a todo nobre que se prezase da súa condición social, a
todo aquel que debía exhibir a súa honra nas diversas facetas da vida.
Esta literatura é un eloxio, laico e relixioso, dos valores cristiáns e feudais
da Idade Media. As cantigas reconducen os comportamentos que perturban a orde
social, concretamente aquelas actuacións e situacións que rompen o ideario de
excelencia social e moral que se lle supoñía á nobreza e aos cargos eclesiásticos. |
|