Pintalabios
|
Código: 00418 ISBN: 978-84-92792-57-3 Nombre del producto: Pintalabios Autor: Cibeira, Ana Idioma: Gallego Descripción: Poesía Precio (PVP) €: 11,00 € iva incl. Ficha: 82pp Ana Cibeira
titula este libro Pintalabios, como unha chamada de atención sobre o
que perdeu xa a categoría de excepcional revisando, a un tempo, o seu
simbolismo, máis complexo do que podería parecer a primeira vista. Válese así
dos tres elementos precisos para realizar o ritual: lapis, pintalabios e
algodón -que son tamén as tres partes-materia en que se organiza o volume- e
converte ao xesto nun deliberado reclamo sobre a boca, ese vestíbulo do corpo polo
que entra o alimento e saen as palabras, o territorio macio onde interactúan en
forma de beixo dous seres, o “cálido fogar/ aberto rabuño na carne/ delicada ó
sul da face” -como fermosamente escribe a autora- que nos permite o sorriso, se
contrae na dor e censura o pranto. (do limiar de Teresa Seara) |
|