A escola da lareira (Tomo-2)
![](Images/espacio.gif)
![](Images/espacio.gif)
|
00138
978-84-96673-32-8
A escola da lareira (Tomo-2)
--
15,00 €
296 páx.(150x210 mm.) A escola da lareira é un ensaio que se inscribe na literatura popular de tradición oral. O autor recolle unha abondosa manchea de documentos orais –"Curiosidades e entretementos", máis de 600 adiviñas, 88 contos, máis de 170 lendas, preto de 200 romances, celebracións, panxoliñas e aguinaldos, e 59 oracións– distribuídos en oito capítulos precedidos cada un deles dun breve estudo introdutorio. A amplitude da área xeográfica de recolleita, que comprende aproximadamente as provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra –cada documento ou variante vai perfectamente identificado polo lugar concreto de recollida, sinalándose só nalgúns casos o nome e outros datos do comunicante–, foi posible grazas á colaboración inestimable do profesor Manolo Castro Mera. O labor deste silencioso investigador subministrou, practicamente, todo o material correspondente á provincia de Ourense e, en boa medida, o que se recolleu na provincia de Pontevedra. |
|
![]() |