Inventario toponímico do Tombo de Toxos Outos
![](Images/espacio.gif)
![](Images/espacio.gif)
|
00084
978-84-96673-48-9
Inventario toponímico do Tombo de Toxos Outos
--
20,00 €
392 páx.(210x150 mm)
Os estudos onomásticos, e máis en concreto os toponímicos, constitúen unha liña de investigación tradicionalmente moi productiva en todo o ámbito da lingüística románica. Tradicionalmente, as atestacións de topónimos nos textos antigos utilizáronse como base para a confirmación ou o rexeitamento de determinadas hipótesis etimolóxicas. Tamén se empregaron para realizar, na medida do posíbel, un seguimento dos cambios sufridos polas formas estudadas, así como da cronoloxía desas transformacións. Nesta obra o autor presenta un traballo exhaustivo no que, atendendo ao devandito, dá conta da totalidade do material toponímico do Tombo de Toxos Outos. |
|
![]() |