Este libro, Patria de Maeloc, é unha colectánea de poemas e contos:
Patria de Maeloc é unha escolma de poemas; A historia da Quisca
é a vida da última cadela que tiven; As aventuras de Thanos e Mac
son un conto imaxinado sobre dous cans que tamén existen e son reais,
e Os contos de Guedellas son unha miscelánea de contos de cans,
lembrándonos aos cans Cipión e Berganza de
El coloquio de los perros (1609) de Miguel de Cervantes.
A miña idea en calquera cousa que escribo é defender a miña lingua,
aquela que me ensinaron miña nai e miña avoa, naquel mundo de
labregos no que me criei e que hoxe está practicamente desaparecido.
Que a nosa lingua sexa sempre o noso orgullo!
Que a nosa fala sexa sempre a nosa bandeira!
Luciano Ares do Monfadal