O ilímite de pensarte libre
![](Images/espacio.gif)
![](Images/espacio.gif)
|
00346
978-84-92792-01-6
O ilímite de pensarte libre
--
10,00 €
128 páx. 15x21 cm O ilímite de pensarte libre comezou a idearse "nunha tarde de choiva e invernía de outubro, A Coruña anoitecía a carón do mar. Un trebón deixara as rúas desertas. E dentro de min, acumulábanse as lembranzas dos días nos que a fe en min mesmo se debuxaba nun futuro próspero e ceibe máis alá da Parálise Cerebral que padezo dende o nacemento. Se fóra chovía auga, en min chovía inutilidade, non me sentía capaz! En troques, noutra parte de min, un paraugas de autoestima semellaba dicirme que todo o logrado era certo, que eu podía ser e que ficaba prohibido renderse ás beiras do porvir. Entón, nunha mirada o espello devolveume o sorriso, pero nel viña a lembranza de alguén a quen nunca cheguei a coñecer. Nese recordo, empecei a proxectar forza e arelas para retratarme na palabra". |
|
![]() |