Bos Aires galega

<    >    

Bos Aires galega


:   Farías, Ruy (coord.)

Análise do impacto inmigratorio de galegos na Arxentina dende ópticas diversas


22,00 €



Divulgación e ensaio

Ver productos de Divulgación e ensaio
Divulgación e ensaio

estudos lingüísticos e etnográficos


  :

  00395

  :

  978-84-92792-49-8

  :

  Bos Aires galega

  :

  Farías, Ruy (coord.)
            

  :



  :

  Análise do impacto inmigratorio de galegos na Arxentina dende ópticas diversas

  :

22,00 €    

  :

O 17 % de todos os europeos que chegaron á Arxentina entre 1857 e 1930 nacera en Galicia, e o saldo dos emigrantes galegos asentados de xeito definitivo naquel país entre o primeiro deses anos e 1960 e de máis de 600.000. De feito, durante boa parte do século pasado viviron na cidade de Bos Aires máis galegos que en ningún outro núcleo urbano do planeta.

 

 

Aínda resulta difícil calibrar o impacto que semellante aluvión inmigratorio puido xerar na sociedade de acollida. A mesma enumeración dos temas dos traballos integrados neste libro dá conta da envergadura, riqueza e complexidade do fenómeno: a mirada da elite arxentina aos inmigrantes europeos nos anos do Centenario da Revolución de Maio; os fluxos migratorios galegos cara a república austral entre os séculos XVIII e XX; a súa inserción socioprofesional, patróns de asentamentos e pautas matrimoniais; os perfís dalgúns persoeiros excepcionais, e tamén os doutros homes e mulleres que (dende realidades máis modestas) reflexionan sobre a súa experiencia no contexto do masivo fenómeno migratorio; o papel dos galegos dentro do mutualismo español e o seu propio asociacionismo étnico; a problemática específica das mulleres emigrantes; as miradas que a sociedade arxentina tivo de quen a ela chegaron dende Galicia; a conservación, transmisión e reinvención da cultura galega en Bos Aires; o potencial das novas tecnoloxías para a identidade galaico-porteña; etc.

 

O material que se ofrece ao lector aborda algúns dos seus múltiples aspectos dende as diferentes perspectivas teóricas e metodolóxicas dos seus autores, ofrecendo unha mostra representativa e sólida das problemáticas e aspectos máis importantes do devandito fenómeno. O libro proporciona unha inxente masa de información de superlativa calidade, xerando o convencemento de que se trata dun volume dobremente útil, pois tanto serve ao lector profano como aos especialistas en historia de Galicia ou da súa emigración na Arxentina.