A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García

<    >    

A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García


:   Soares de Moura, Andityas

--


12,00 €



Divulgación e ensaio

Ver productos de Divulgación e ensaio
Divulgación e ensaio

estudos lingüísticos e etnográficos


  :

  00350

  :

  978-84-92792-05-4

  :

  A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García

  :

  Soares de Moura, Andityas
            

  :



  :

  --

  :

12,00 €    

  :

240 páx. 15x21 cm
A letra e o ar: palabra-liberdade na poesia de Xosé Lois García pretende ofrecer unha nova achega á lectura da obra dun dos poetas más creativos da poesia galega actual. Andityas Soares de Moura analiza o corpus poético de Xosé Lois García tendo en conta o panorama da literatura galega das últimas décadas e conectándoo tamén con outras tradicións culturais, tales como a portuguesa e a africana. Os temas centrais da poesia de Xose Lois -o amor, a morte, a terra, a xustiza social, o neotrovadorismo, a saudade e a memoria- son tratados en capítulos específicos nos que o autor elabora reflexións xerais mediante as que amosa a profunda vinculación do poeta galego cos modelos universais da cultura ocidental. Adoptando unha escrita interdisciplinar e aberta, Andityas Soares de Moura traspasa as fronteiras entre poesía, filosofía e ensaio literario e constrúe un discurso crítico capaz de inserir a poesía de Xosé Lois García nun espazo de constante diálogo co lector.