A clave Phidias

<    >    

A clave Phidias


Autor:   Rascado Shedden, Xosé Andrés

Serie Negra


12,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega

   Código:

  00440

   ISBN :

  978-84-92792-89-4

   Nome do producto:

  A clave Phidias

  Autor:

  Rascado Shedden, Xosé Andrés
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  Serie Negra

  Prezo (PVP) €:

12,00 €    ive enga.

  Ficha:

  • NARRATIVA
  • ISBN: 978-84-92792-89-4
  • PÁXINAS: 209
  • ENCADERNACIÓN: Rústica
  • 13x21
  • A Clave Phidias pode considerarse, utilizando o símil cinematográfico, unha novela en tres dimensións.

     

    Unha primeira, a do entretemento, na que o seu obxectivo é desenvolver unha trama crible, con certas doses de intriga e capaz de captar o interese do lector que busca, ante todo, pasar un bo rato.

    Atoparémonos coa seguinte sinopse:

     

    Bernardo e Ramón son dous policías de idades dispares que traballan nunha cidade na que se cometeron unha serie de crimes que semellan estar vencellados. A chegada de Olmedo, un axente sagaz e un tanto excéntrico, precipita a escisión do equipo, transformándose a pescuda nunha loita de egos na que cadaquén tentará demostrar a súa valía. Mentres que o ímpetu dun deles levaralle a patear as rúas tratando de descubrir algunha pista, outro encargarase de analizar minuciosamente as probas atopadas. Altas doses de perspicacia e pericia ademais dun gran número de coñecementos musicais, matemáticos, históricos e lingüísticos se mesturarán nun xogo tramado a medida por un asasino escorregadizo. Acadarano? Serán quen de esquecer egos e desavinzas para conformar un equipo de traballo que funcione? Chegarán a tempo? Estes interrogantes levarannos a un final que sorprenderá a quen tome parte nesta trepidante investigación.

     

     

    Existe tamén unha segunda dimensión, a da formación, na que se pretende aproveitar o fío narrativo para achegar unha serie de coñecementos en temas tan variados como a etimoloxía das palabras, a historia, as matemáticas, a música ou dar a coñecer o funcionamiento dalgúns departamentos dunha gran entidade bancaria. Isto permite, non só acceder a información que pode resultar de interese senón conseguir que o texto soporte con certa facilidade unha segunda ou terceira lectura.

     

    E, por enriba destas dúas visións, incorpórase unha terceira, a da reflexión,  coa intención de achegar algunhas ideas e conceptos que axuden a recapacitar sobre aspectos máis xerais como por exemplo a incidencia que teñen, tanto a nivel individual como social, as decisións tomadas por algúns no ámbito laboral ou  a confrontación entre dúas visións que ás veces parecen ser antagónicas, a baseada na experiencia e a sustentada pola erudición.

     

    Confórmase así esa visión 3D, tan de moda nestes tempos, onde o ritmo, o  humor e o suspense xúntanse nun relato que atrapará ao lector.