O curmán Pons

<    >    

O curmán Pons


Autor:   Balzac, Honore

Limiar e tradución de Ana María Galego Gen


14,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Esmorga

Ver productos de Esmorga
Esmorga

Esmorga

   Código:

  00457

   ISBN :

  978-84-15400-72-1

   Nome do producto:

  O curmán Pons

  Autor:

  Balzac, Honore
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  Limiar e tradución de Ana María Galego Gen

  Prezo (PVP) €:

14,00 €    ive enga.

  Ficha:

Serie Esmorga Narrativa

305 pp.

13x21            

  Honoré de Balzac naceu en Tours no ano 1799. Balzac non viviu unha nenez feliz. Os seus pais nunca tiveron moitas mostras de cariño cara a el. Foi de internado en internado, onde tivo que aturar as burlas dos compañeiros polos poucos cartos que lle enviaba a familia ou os castigos dos mestres, provocados polos malos resultados académicos. Na novela Louis Lambert podemos atopar ecos autobiográficos destes anos desgrazados. En 1816 Bernard-François perde o emprego e a familia, sobre todo a nai, pon as súas esperanzas no fillo para que chegue a ser algo. A frialdade materna e as presións seguen provocando a infelicidade de Honoré. Entre 1819, ano no que se instala na capital, e 1829, a súa vida é de pobreza e traballo. Adícase a negocios vencellados coa edición e o mundo dos prelos, pero os proxectos (entre os que podemos atopar unha variedade do máis curiosa: edición das obras completas de Molière, publicación de panfletos e manuais, creación dun xornal, etc.) van empeorando de a poucos, e tamén as finanzas do escritor. A súa carreira literaria comeza con Os chuáns, en 1830, e a partir de aí será imparable. Cada vez máis novelas, cada vez mellor escritas. E irá xurdindo o xermolo d"A Comedia Humana, esa gran árbore chea de pólas que reflicte todos os eidos da vida, todos os factores que constrúen, inflúen e modifican a conduta social dos seres humanos. En 1832 ocorrerá outro suceso importante. Aparece o que vai ser, como dicía o título dunha serie televisiva dos anos 70, “o gran amor de Balzac”: Ewelina Hanska, unha condesa de orixe polonés. A condesa, despois da lectura de A pel de lixa, escribirá varias cartas baixo a sinatura de “A Estranxeira”, convidando a Balzac, cun aquel de novelesco, a poñerse en contacto con ela mediante anuncios nos xornais. Así vai comezar unha longa relación epistolar, que se desenvolverá ao longo de quince anos. Balzac, pensando que ten ao alcance da man a fortuna dunha princesa rusa, tentará iniciar un romance que remate en voda. A Hanska, casada, vai ter a mente máis fría: Balzac é famoso e resulta entretido, pero de aí a casar... Durante moitos anos terán diversos encontros e, cando morre o marido da Hanska en 1842, o escritor volve teimar coa voda. Porén, a condesa vaille dar largas con todo tipo de escusas, dende problemas co testamento ata a preocupación polo futuro da filla dela. Esta situación vaise alongar seis anos, marcada por viaxes e teimas de Balzac. En maio de 1850, por fin, prodúcese a voda, xa que Hanska ve que Balzac está moi enfermo. O escritor morre en agosto de 1850, e será enterrado no cemiterio do Père-Lachaise, en París.

…………………..

Ana María Galego Gen, licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1993). Premios literarios: Terceiro premio no I Certamen de Narrativa Curta organizado pola Consellería de Medio Ambiente (1999) coa obra Non era tempo de cacharelas. Gañadora do II Certame de Narrativa Breve organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) co relato O malfadado ano no que perdín a moza por culpa dun robot, porque as desgracias sempre veñen mal acompañadas. (Publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2003). Gañadora ex aequo do Premio "Estornela" de Teatro para Nenos organizado pola Fundación Neira Vilas (2004), coa obra O porco que perdera a cabeza. (Publicado por Edicións do Castro, A Coruña, 2005). Finalista do 18º Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía" organizado polo Concello de Arteixo (2009), coa obra As aventuras de Nice Rod. (En prensa). Traducións: tradución ao galego de Bouvard et Pécuchet, de Flaubert, e de La cousine Bette, de Balzac. Ambas traducións publicadas na Editorial Toxosoutos.