NU+63

NU+63
Autor: Vázquez Liste, José
130x200mm. 86 páx.
13,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
00854
979-13-992230-1-9
NU+63
Vázquez Liste, José
Galego
130x200mm. 86 páx.
13,00 € ive enga.
Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde “Espirse no inverno é duro” e aínda así “Escribo en primeira persoa” dende o convencemento de que “Este é un xardín de augas excarceradas”, un remanso de “Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes”. Mais ese recendo de “Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa” acende a “Lava orgástica derretida no padal dos desexos” entón, “Doume e recíbote coma unha metáfora imposible” sabendo que “A pel, é a razón última do ADN dun poeta”. E así, dende a loucura de facerme visíbel, pregúntome “Por que o teu Sur quer derreter meu Norte?”, “Cantos graos pode soportar o xemer dun sopro de alento?” “Comerei a vida sen arrotar a fame do non libado” e farei por “Chamarlle ás cousas polo seu nome”. Ou ensinalas, do mesmo xeito que o fai a autora das fotografías, Ana Tomé. Ela dá as puntadas precisas, no instante preciso, para encadernar o sentido do conxunto. Ela fai da cronoloxía visual un sentir, coma a necesidade de reflectir nas súas creacións, ese ritual exotérico de premer o disparador, no intre xusto en que o instante se fai irrepetíbel. |
|
|
|






