Petroglifia

<    >    

Petroglifia


:   García, Xosé Lois

Poemas a Sober


12,00 €



Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega


  :

  00400

  :

  978-84-92792-62-7

  :

  Petroglifia

  :

  García, Xosé Lois
            

  :



  :

  Poemas a Sober

  :

12,00 €    

  :

127pp

13x20

As canículas do pasado agosto velaron o seu recollido e gozoso agromar na casa de Podente, en Merlán, raiceira chantadina que nutre o seu vivir e á que o noso poeta volve unha e outra vez apurado pola insufríbel dor da súa ausencia.

E a editorial Toxosoutos ofrécenolos xa, sen máis demoras, para que poidamos saborealos sen presas: hai tanta vida e tanta beleza neles que paga a pena degustalos devagariño. Se o paraíso existise, seguro que sería un libro de poemas.

Tal coma recollemos da súa páxina web (www.xoseloisgarcia.com), o noso poeta naceu o 22 de abril de 1945, na cidade de Lugo, mais a súa infancia e primeira mocidade son chantadinas: as terras de Merlán e a vila de Chantada foron os escenarios dos seus xogos e primeiros estudos. Aos vinte anos trasladouse a Barcelona, onde, ao tempo que traballaba na Seat, fixo varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas. Posteriormente, conciliando traballo e estudo,  ingresou na Universidade de Barcelona para facer Filosofía e Letras, licenciándose  na rama de Historia. Ata a súa recente xubilación foi Director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).

Viaxeiro infatigábel polos camiños de Galiza, Cataluña e a Lusofonía (Portugal, Angola, Mozambique, Brasil, etc), a súa aportación cultural e literaria  é tan relevante e meritoria coma polifacética e xenerosa.

Aos seus traballos como loitador sindicalista e político, firme e activamente comprometido coa  defensa dos dereitos dos traballadores e de Galiza, entendida coma unha nazón que aspira á súa soberanía no marco do Estado español, hai que engadir os da divulgación da cultura galega en Cataluña, ora coma articulista (Avui, Diari de Barcelona ou Canigó Mundo Diario, etc., son algunhas das publicacións catalanas coas que colaborou), ora coma conferenciante.

Múltiples revistas e xornais galegos (El Correo Gallego,  A Nosa Terra, Galicia hoxe,  etc), españois, portugueses e brasileiros acollen semanalmente os seus lúcidos artigos xornalísticos, abertos a todos os campos do saber e o pensamento humano e ás diversas expresións das culturas galega, portuguesa e catalana  principalmente.

Os seus brillantes traballos sobre as artes galega e portuguesa (Simboloxía do Románico de Amarante, Simboloxía do Románico de Pantón, Simboloxía do Románico de Sober) e sobre o patrimonio e os documentos do arquivo histórico de San Andreu de La Barca (Imatges i records  Sant Andreu de la Barca, Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca, La emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile, etc.) dan testemuño, non só da súa relavancia coma estudoso e especialista, senón tamén da súa entrega, xenerosidade e amor por Galiza e Cataluña, as súas patrias.

Como pensador e ensaísta ofreceunos múltiples escritos en catalan, galego ou portugués de temáticas preferentemente política, sociolóxica e literaria. Eis algunhas mostras das  súas lúcidas reflexións e achegas neste campo: Castelao i Catalunya ou Nacionalidades colonizadas de Europa Occidental, Homenagem a Angola, Os trobadores das Terra de Chantada ou Uxío Novoneyra revisitado.

Como antólogo e crítico literario da poesía galega ofreceunos traballos coma Escolma da poesía galega 1976-1984,, Alén do azul e, entre outros, Antoloxía dos poetas galegos en Cuba. Ademais de ser  membro de honra da União dos Escritores Angolanos, é  especialista, tradutor e antólogo das literaturas da Lusofonía como acreditan os títulos que seguen, só unha mostra do seu quefacer neste plano: Antología de la actual poesía portuguesa, Floriram cravos vermellos: antologia poética de espressão portuguesa en África e Asia, Antología da poesía brasileira, etc.

Coma creador literario, cultiva  illadamente a narrativa (Xente de inverno) e  o teatro (A proclama, O reloxio de Merexildo, etc.), entregando á poesía o mellor de si.

A súa obra poética, que comezou con Borralleira para sementar unha verba (1974), poemario de nidia filiación social na liña da poesía de denuncia dos sesenta e setenta, chega con Petroglifia (Poemas a Sober) ao volume vixésimo terceiro. Con todo, cómpre aclarar que o volume intitulado Tempo precario (1988) non é un poemario senón unha colectánea na que recolle os libros de versos que escribira entre 1972 e 1984 e que a mediados dos oitenta seguían inéditos, polo que a relación das súas obras poéticas é sensibelmente maior.