Historias da Boule d

<    >    

Historias da Boule d


:   Cacheiro Varela, Maximino

Limiar de Xosé Lois García e Pedro Malvín


14,00 €



Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega


  :

  00438

  :

  978-84-92792-96-2

  :

  Historias da Boule d

  :

  Cacheiro Varela, Maximino
            

  :



  :

  Limiar de Xosé Lois García e Pedro Malvín

  :

14,00 €    

  :

165pp

13x20

estamos ante un gran libro humanista e existencialista que posiblemente falte na literatura galega, coas connotacións verificables, compromisos coa verdade e con esa multitude de marxinados que de moitas maneiras non relaxan as súas complicidades en relativizar súa situación tenebrosa.

 

Un libro no cal se configuran unha serie de ideas ben tecidas onde o persoeiro, en seu propio espazo temporal, danos unha serie de claves que marcan situacións sangrantes. Un libro que alimenta unha nova conciencia para non limitarnos ante situacións silenciadas, onde eses protagonistas merecen estar aí con seus talentos de abrir canles novos, desde as súas loitas, proxectos e fracasos. Neste caso, Maximino Cacheiro fainos entrar nun mundo bastante descoñecido e sumamente ignorado, o da cultura dos marxinados da que tanto se ignora por parte de uns, e se persigue por parte doutros. Aínda que neste libro os persoeiros son fundamentais para descifrar ese mundo nos que uns entran e outros saen do labirinto de súas propias circunstancias. Cacheiro elimina eses conceptos de que tódolos marxinais son perversos, por sustentalos nun contexto social e político moi circunstancial dunha época que se ollaba no espello da confusión e dos prexuízos, aqueles que eran contrarios a esas imaxes se lle impoñía anatema.