Compañeira, non serva

<    >    

Compañeira, non serva


Autor:   Regueira Cereijo, Rosario

244 páx


18,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega

   Código:

  00663

   ISBN :

  978-84-948966-6-8

   Nome do producto:

  Compañeira, non serva

  Autor:

  Regueira Cereijo, Rosario
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  244 páx

  Prezo (PVP) €:

18,00 €    ive enga.

  Ficha:

Aquí, neste recanto da civilizada, culta e capitalista Europa Occidental, todas as mulleres que coñezo  sufriron ó longo da súa vida, en maior ou menor medida, algún tipo de ofensa, insulto, discriminación, opresión ou agresión ben na súa esfera persoal, laboral ou social só plo feito de seren mulleres.

E cada unha enfrontouno da maneira que puido: Unhas, como Dona Herminia, víronse na obriga de vivir en soidade para poder manter a dignidade; outras como Filomena, asumiron un "rol masculino" que tampouco resultou tan eficaz como ela pensaba; Amandina tivo que enfrontarse a unha sociedade fascista que lle negaba o dereito a estudar... E Elvira padeceu o maltrato físico no seo dunha familia que o sistema patriarcal, apoiado pola igrexa católica, lle ofreceu como un ideal de vida no que ela acreditou firmemente; até que viu a morte de cara.

Hai moitas maneiras de someter, oprimir, maltratar a unha muller e o fogar, por máis que sexa o propio, o que unha mesma criou, tamén pode ser un lugar opresivo, mesmo perigoso. Pero tamén hai maneiras de escapulir, de chegar a ser Compañeiras en pé de igualdade; non Servas sometidas e abusadas, unhas máis ortodoxas que outras.