Orfeu en soños

<    >    

Orfeu en soños


:   Blanco, Ramón

--


8,00 €



Letra inversa

Ver productos de Letra inversa
Letra inversa



  :

  00251

  :

  84-96259-80-3

  :

  Orfeu en soños

  :

  Blanco, Ramón
            

  :



  :

  --

  :

8,00 €    

  :

80 páx. (105x165 mm.)

Esperta este Orfeu en soños de vedraia tumba de marbre, nun illote fronte ás costas de Tracia, erguendo a fonte limpa do seu canto e a súa profética sombra (Pantasma de dubidoso aspecto) dende as primeiras páxinas do libro. Mais non recalará a súa lira nas costas mediterráneas –homérico mar, escuro coma o viño–. Na súa singradura escorregan  ronseis e hexámetros clásicos sobor das ondas, e os timoneis –de Ulises a Derek Walcott e Manuel Antonio– sucan por mares nunca de antes navegados. O obxetivo son as Illas Afortunadas, metáfora ou paráfrase incompleta da Arte e da Poesía Boa. Cada poema é arquipélago de seu; os versos, as imaxes corren en carreira desbocada, iluminan uns instres antes de apagarse –como chama– e seren sobrepasadas na carreira. Recalada nunha illa: rubimos entre o recendo de rústicas flores a tortuosa xeografía da sintaxe. En cada río e curso de auga toma quizaves Ofelia as nove ondas que fecundan estes versos. E os paxaros faladores esgazan co peteiro follas que conteñen poemas de amor.  (Conde de Paço Tristão).