Vertixe da choiva

<    >    

Vertixe da choiva


:   Souto Alcalde, David

--


8,00 €



Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega


  :

  00345

  :

  978-84-96673-98-4

  :

  Vertixe da choiva

  :

  Souto Alcalde, David
            

  :



  :

  --

  :

8,00 €    

  :

72 páx. 15x21 cm

Libro centrifugador de imaxes, ou máquina de engranaxes sobreexcitados, Vertixe da choiva achégase ós lindeiros do colapso para deterse nas intermitencias que a voz produce ó toparse coa ausencia de gorxa ou de chafarís proxector de voz. Unha pantasma percorre todas estas páxinas, e mudando en esquelete que se sobrepón a si mesmo, faise corpo en poemas que se obrigan a enfundar o disfraz da súa propia estrutura para denunciar o misterio dunha ausencia que de tanto ser requirida esmorece aínda máis. Unha áncora chántase aquí, tamén un guindastre, pois Vertixe da choiva, malia ter nacido como texto anterior a A árbore seca, contén unha presa de sementes concentradas nas cales latexa toda a escrita pasada e futura que David Souto Alcalde puido ou poida chegar a enfíar. Factoría de lenzos rachados durante a súa composición, Vertixe da choiva reinventa a súa maquinaria para non morrer de sede e de fame nestes tempos de tanto lume e de tanto sol.