Este relato –cheo de acción e sorpresas- conta as peripecias finais dun grupo de expedicionarios clandestinos que foron, sen real licenza, á procura do tesouro do Dourado, daquelas inmensas riquezas imaxinadas pola influencia do estendido mito daquel cacique ou rei indíxena que os españois chamaron Eldorado, insensata teima que animaba a moitos a arriscarse tentando superar duras xeiras e etapas inzadas de perigos rumbo á meta dos seus cobizos soños e degoiros, e que levaría á morte a milleiros de home sao longo de case dous séculos por terras americanas. O narrador é un galego retornado que relata os feitos ocorridos anos antes, cando participara nunha expedición iniciada a principios do século XVII por terras de Nova Granada ( a actual Colombia), deixándonos o seu testemuño coa historia desa secreta aventura na cal logrou saír vivo para contala.
Listado de obras:
Actualmente no está disponible ninguna publicación del autor seleccionado. Disculpe las molestias.
Este relato –cheo de acción e sorpresas- conta as peripecias finais dun grupo de expedicionarios clandestinos que foron, sen real licenza, á procura do tesouro do Dourado, daquelas inmensas riquezas imaxinadas pola influencia do estendido mito daquel cacique ou rei indíxena que os españois chamaron Eldorado, insensata teima que animaba a moitos a arriscarse tentando superar duras xeiras e etapas inzadas de perigos rumbo á meta dos seus cobizos soños e degoiros, e que levaría á morte a milleiros de home sao longo de case dous séculos por terras americanas. O narrador é un galego retornado que relata os feitos ocorridos anos antes, cando participara nunha expedición iniciada a principios do século XVII por terras de Nova Granada ( a actual Colombia), deixándonos o seu testemuño coa historia desa secreta aventura na cal logrou saír vivo para contala.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información