Frateschi, Yara; Morán, Isabel e Souto Cabo; J. Antonio:
YARA FRATESCHI VIEIRA. Profesora catedrática de Literatura
Portuguesa na Universidade Estadual de Campinas (Brasil), téndose dedicado
especialmente ao estudo da lírica
galego-portuguesa. Nesa área, publicou numerosos artigos e libros, entre os
cales cabe destacar En cas dona Maior: os
trovadores e a corte senhorial galega no século XIII (Santiago de
Compostela, 1999) e Henry R. Lang, O
Cancioneiro de D. Denis e Estudos Dispersos. Ed. organizada por Lênia
Márcia Mongelli e Yara F. Vieira (Niterói, 2010).
M. ISABEL MORÁN
CABANAS. Profesora
titular na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago
de Compostela. Dedícase especialmente ao estudo dos períodos medieval,
renascentista e barroco baixo unha perspectiva multidisciplinar e comparatista,
tendo publicado artigos e libros como Traje,
gentileza e poesia. O campo semântico do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende
(Lisboa, 2001) ou Festa, teatralidade
e escrita no Cancioneiro Geral... (A Coruña, 2002). Dirixiu o proxecto CULTURIBER
sobre relacións literarias no marco ibérico (FFI 2008-00824, Ministerio de Ciencia e Innovación),
cuxos resultados se divulgan aquí e noutras obras.
JOSÉ ANTÓNIO SOUTO
CABO. Profesor
titular na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago.
A súa actividade investigadora céntrase na análise das coordenadas sociolóxicas
e espacio-temporais da lírica galego portuguesa e, por outro lado, no estudo e
edición de textos medievais. Entre as súas publicacións máis recentes podemos
citar: "Pedro Garcia de Ambroa e Pedro de Ambroa", "A emergência
da lírica galego-portuguesa e os primeiros trovadores", Documentos galego-portugueses dos séculos
XII e XIII ou Rui Vasquez: Crónica de
Santa Maria Íria
|
: