- Editorial Toxosoutos.com.

San Luís Romero, Xesús:

Veu ao mundo en Carballo o 8 de setembro de 1872. Asistiu pouco á escola e desde os doce anos adopta o oficio de zapateiro do seu pai. Xa de novo afeccionouse a ler e a compoñer, mesmo a recitar como o facían os zanfoneiros. Emigrou a Arxentina en 1891, onde comeza a escribir literariamente no semanario “Eco de Galicia” e onde se relaciona coas Sociedades da colonia galega e co mundo da zarzuela e do teatro en xeral, para o que escribe algúns monólogos (“¿Para qué me namorei?”, 1898) e comedias (“O xastre aproveitado”, 1898). Están publicados algúns escritos líricos deste tempo baixo o título “Versos escritos en Buenos Aires e outros poemas” (Santiago, 1999).  De regreso a Galicia, asenta en Santiago como industrial do calzado e dos curtidos, aumentando a súa colaboración en revistas e frecuentando o ambiente político republicano, mesmo participando no Pacto de Lestrove e sendo elixido concelleiro. Xa como dramaturgo, estrea “O Fidalgo” (editada: Santiago, 1986), “Rosiña” (editada: Santiago, 1998) e “N-o quinteiro” entre 1918 e 1922. Como poeta publica “A volta do Bergantiñán” en 1928 e inicia unha longa serie de poemas soltos, especialmente sinalables son os sonetos, que saen á luz na prensa do momento ou que quedan gardados nas súas libretas. Foi condenado a cadea, pola súa oposición ao novo réxime militar, entre 1941 e 1943. Ata o seu pasamento en 1966 deixou un grande número de textos, moitos deles son aínda hoxe manuscritos ben organizados e gardados por el mesmo. Pódense destacar poemas como “A Romaxe de San Campio” (1926), “Felón” (1937), “Mensaxe de Ultratumba” (1950), “Loanza ao mar de Vigo” (1958) ou “Elexía ao Castro de Anxeriz” (1960), entre outros moitos, e obras teatrais como “O conto do avó” (1942), a revista folklórica “Unha fiada no Sarela” (1959), “Xenreira” (1951, editada: Santiago, 2002) ou a  que agora nos ocupa, “A foliada no rueiro” (1959).

:

 A foliada no rueiro A foliada no rueiro

Edición de Antonio Rey Somoza

10,00 €