Rey Somoza, Antonio:
Nacido o 9 de marzo de 1968 en Estado Miranda, Venezuela, e
orixinario da parroquia de Vilaúxe, en Chantada-Lugo. Licenciado en Filoloxía
Hispánica e Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de
Compostela, onde presentou a tesiña “Parodia dos estamentos sociais nas
cantigas” e a tese “A nobreza na poesía lírica galego-portuguesa”. Profesor de
Lingua Castelá e Literatura en Educación Secundaria. Coeditor de X. San Luís
Romero. Rosiña. Drama en tres xornadas (ed. do Castro, 1998), editor das
cantigas do trobador Diego Moniz (Actas I Congreso Jóvenes Filólogos, 1996)
e autor de Sátiras de pausa e maldicir (2003) e Rexistro de mesura e
desacordo (2004). Ademais, publicou os seguintes estudos e comunicacións de
congresos: “Estamentos no cristianos en las cantigas satíricas
gallego-portuguesas” (Alcalá de Henares, 1997), “Posibles identificacións do
xograr Johan de Requeixo na documentación do Mosteiro de Oseira” (Ourense,
1998), “Privados, mordomos e chanceleres na sátira galego-portuguesa” (Lisboa,
1998), “A mesa e a carne na sátira galego-portuguesa” (Santander, 1999),
“Estudio métrico-formal das cantigas satíricas” (Historia de la Literatura
Gallega, Ed. Hércules), “Airas Moniz d´ Asme” e “Afons´ Eanes do Coton” (Enciclopedia
Galega Universal, Ir Indo Ed.). Impartiu tamén os seminarios “Johan de
Cangas, o xograr que canta a Sanamedio” e “Johan de Cangas, un home do s. XIV”
na Semana das Letras Galegas do Ilmo. Concello de Bueu en 1998.
|
: