Vences Fernández, Sergio:
Sergio
Vences (Baños de Molgas, Ourense, 1936), doutor en Filosofía e Letras pola
Universidade Complutense de Madrid, foi lector de español nas universidades
alemanas de Colonia e Duisburgo entre 1969 e 1983, e redactor, locutor e
tradutor para a Deutsche Welle (Radio Nacional de Alemaña para o Exterior),
motivos polos que entrevistou a persoeiros como Cela, Madariaga, Halffter,
Labordeta, Buero Vallejo e Arrabal, entre outros. En 1974 exerce como profesor
de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e un ano máis tarde
regresa de novo á Universidade de Colonia como profesor de Literatura española
na Escola Universitaria de Tradutores e Intérpretes. En 1983 incorpórase ao
corpo docente da universidade compostelá e no 1990, ao da Universidade d’ A
Coruña. En 1995 convértese xa en catedrático numerario de Filosofía.
Colaborador nas revistas Romanische Forschungen, Papeles de Son
Armdans, Argumentos, e nos xornais La Nueva España (Oviedo), La
Voz de Galicia, El Correo Gallego e El Ideal Gallego. Cela
publicoulle no ano 1969 o libro La voz y el caminante. Tradutor de Dietrich
Bonhöffer, Frederik Hetmann e Edmund Husserl. Autor tamén dalgunhas obras de
teatro e poemarios entre 1994 e 2003, Sergio Vences ofrécenos agora a súa
novela Nas profundas augas do esquecemento, na versión galega de Amelia
Piñeiro Santorun.
|
:
Actualmente non está dispoñible ningunha publicación do autor seleccioado. Desculpe as molestias.